DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 8 de marzo de 2024 de resolución do recurso de alzada no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra, no concello de Oímbra (Ourense), expediente PA-21-01.

De conformidade co disposto no artigo 90.e) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra, no concello de Oímbra (Ourense).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Oímbra, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Persoas interesadas ás cales logo de intentada
a notificación, esta non se puido efectuar

Referencia catastral

Nome e apelidos

32054A5******4****AR

Carballo Pérez, Josefa

32054A5******6****AR

Pardo García, Gabriel

32054A5******6****AR

Pardo Pardo, María Milagros

32054A5******2****AI

Prada Conde, Felisa

32054A5******3****AJ

Prada Conde, Felisa

32054A5******5****AS

González Plaza, José

32054A5******1****AY

Pardo Pardo, Manuel

32054A5******6****AR

Pardo Pardo, Manuel

32054A5******0****AI

Barreira Dobarrio, María Celia

32054A5******4****AZ

Paulos Alonso, María Margarita

32054A5******5****AU

Paulos Alonso, María Margarita

32054A5******4****AZ

Paulos Alonso, María Tereza

32054A5******5****AU

Paulos Alonso, María Tereza