DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20079

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024 pola que se fai pública a composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) consonte o disposto nos seus estatutos.

O artigo 23 dos estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), aprobados polo Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, establece que a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) estará constituída polo seu presidente ou presidenta, a directora ou director do consorcio, que asistirá ás xuntanzas con voz e sen voto, e oito vogais elixidos polo Consello Reitor, nomeados pola presidenta ou presidente deste, seis dos cales serán nomeados de entre destacados membros da comunidade académica e científica nacional ou internacional, un será nomeado de entre destacados membros do ámbito profesional ou empresarial galego, con recoñecida experiencia e traxectoria en materia de avaliación universitaria, e outro será nomeado de entre o estudantado das universidades do SUG integrantes do consorcio.

O punto 2 do citado artigo establece que a composición da CGIACA debe publicarse no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co exposto, faise público o nomeamento dos seguintes vogais:

• Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez, profesor titular de enxeñaría mecánica da Universidade de Vigo. Vogal académico, nomeado en substitución de María José Bravo Bosch, profesora titular de Dereito Romano da Universidade de Vigo, consonte o disposto no acordo do Consello Reitor do 20 de xullo de 2023.

• Sandra María Martínez Gómez, alumna de grao da Universidade de Vigo, vogal nomeada en representación do alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG), en substitución de Juan Jesús Rico Fuentes, consonte o disposto no acordo do Consello Reitor do 22 de decembro de 2022.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta do consorcio Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia