DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Coristanco (expediente DH.A15.85231).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Coristanco.

Expediente: DH.A15.85231.

Volume total anual: 4.067,40 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 4,16 l/s.

Orixe: manancial.

Lugar: Monte Alto do Outeiro.

Parroquia: Santa Baia de Castro (Santa Baia).

Concello: Coristanco.

Destino: abastecemento de poboación.

Descrición do aproveitamento:

A captación sitúase na parcela nº 599 do polígono nº 27, no Monte Alto do Torreiro, nun manancial protexido por muros de formigón armado, e condúcese as augas por tubos de polietileno que, tras atravesar a autovía Carballo-Berdoias e discorrer por vías públicas, chegan ata os depósitos de bombeo, que elevarán a auga ata o depósito nº 1 elevado sobre unha plataforma sobre o terreo e, desde este, distribúese a auga ata dous depósitos de polietileno de 10 m³ e, desde estes, aos domicilios do lugar de Outeiro, parroquia de Agualada.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A Coruña, 15 de febreiro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Norte