DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20216

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCION DE ERROS. Resolución do 6 de marzo de 2024 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio da fase de oposición (temas) do proceso selectivo para acceso á escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, pola quenda de promoción interna.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia num. 54, do 15 de marzo de 2024, procede realizar a seguinte corrección:

Na páxina 19293, onde di:

«Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición (temas) o sábado día 29 de abril de 2024, ás 9.00 horas, para o exercicio da especialidade Arquivos, e ás 9.30 horas para o exercicio da especialidade Bibliotecas. O lugar de realización será a aula 3 para o exercicio da especialidade de Arquivos e a aula 4 para o exercicio da especialidade Bibliotecas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Norte (avenida do Burgo s/n, Santiago de Compostela)».

Debe dicir:

«Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición (temas) o luns día 29 de abril de 2024, ás 9.00 horas, para o exercicio da especialidade Arquivos, e ás 9.30 horas para o exercicio da especialidade Bibliotecas. O lugar de realización será a aula 3 para o exercicio da especialidade de Arquivos e a aula 4 para o exercicio da especialidade Bibliotecas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Norte (avenida do Burgo s/n, Santiago de Compostela)».