DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Lugo e Outeiro de Rei (expediente IN407A 2023/088-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9. 27003 Lugo.

Denominación: adecuación LAT 20 kV augas en rede urbana Salete.

Situación: concellos de Lugo e Outeiro de Rei.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV CT 1586 Ramil 2 - CT 10765 Urb. Salete, con orixe no CT 1586 Ramil 2 e final no CT 10765 Urb. Salete, cunha lonxitude de 670 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV CT 10765 Urb. Salete - CT Urb. Salete 2, con orixe no CT 10765 Urb. Salete e final no CT 13254 Urb. Salete 2, cunha lonxitude de 510 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV CT 13254 Urb. Salete 2 - CS Ovisa proxectado, con orixe no CT 13254 Urb. Salete 2 e final no CS Ovisa proxectado, cunha lonxitude de 280 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV CS OVISA proxectado - CT Granxa Penín proxectado, con orixe no CS OVISA proxectado e final no CT Granxa Penín proxectado, cunha lonxitude de 630 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV CT Granxa Penín - C-4500/14, con orixe no CT Granxa Penín proxectado e final nun PAS situado no apoio proxectado tipo C-4500/14 da LAT aérea Augas 20 kV, cunha lonxitude de 672 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de seccionamento prefabricado OVISA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha cela de interruptor automático telemandadas.

• Centro de transformación prefabricado Granxa Penín, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha cela de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de 11 apoios de formigón, 3 celosías metálicas, 1.063 metros de condutor LA-110, 283 metros de condutor LA-30 e 617 metros de condutor RHZ1-240 mm.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 399.309,70 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

• Separata para o Concello de Outeiro de Rei.

• Separata para a Consellería de Cultura.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 5 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo