Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a Resolución desta xefatura territorial, do 7 de setembro do 2023, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado LMT, CT e RBT Pasacondia II, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/124-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 7 de marzo de 2024
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
LMT, CT e RBT Pasacondia II
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Malpica de Bergantiños
Parcela proxecto |
Propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
CT |
Superficie (m²) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
|||||
2 |
Susana Garrido Lema |
5734705NH1953S0001QD |
Pasacondia |
CT |
14,97 |
Urbano. Solo sen edificar |
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².