DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 457.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 21 de febreiro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 457 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 204,27 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: Fernández Mariño, S.L. (B15327885).

Nova titular: Soraya Pailos Pensado (***3866**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 21 de febreiro de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo