De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia do acordo de inicio do procedemento de reintegro e de perda do dereito ao cobramento da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, da Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
De acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa interesada dispón dun prazo máximo de quince (15) días, contados desde a notificación deste acordo de inicio, para presentar cantas alegacións e documentos considere pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen presentar alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o dito prazo para presentar as alegacións e a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Procedemento: expediente 32/50065/20 de axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas.
NIF da persoa interesada: 18170726J.
Acto de notificación: acordo de inicio de reintegro e perda do dereito ao cobramento da axuda.