De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a reforma e ampliación dunha explotación de polos de ceba con capacidade para 81.001 aves no lugar de Sucampo, Seixón, concello de Friol (Lugo), promovido por Vizcaíno Santos, S.C., nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural