DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 20026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Carral (expediente DH.A15.88957).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Vidal e Hijos, C.B.

DNI: ***5388**.

Expediente: DH.A15.88957.

Volume total anual: 58582,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,86 l/s.

Destino: gandeiro.

Orixe: X= 552656, Y= 4778744 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: As Travesas.

Parroquia: Beira (Santa Mariña).

Concello: Carral.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes de dous pozos de barrena, con bomba somerxida, e profundidade de 37 m o pozo 1, na zona de nais para a produción de leitóns, e de 25 m, o pozo 2, na zona de ceba.

O diámetro da tubaxe de encamisado dos pozos, fabricada en PVC, é de 150 mm. Desde estes dous puntos de captación, a auga é enviada, mediante os correspondentes sistemas de bombeo, e almacenada en dous depósitos, de 20.000 l de capacidade cada un deles, na zona de produción de leitóns, a 5 depósitos, de 9.000 l de capacidade cada un, na zona de ceba.

A condución da auga cara aos depósitos de almacenamento faise mediante tubaxes de PEAD, de 10 atm de presión de traballo e 32 mm de diámetro. A impulsión lévase a cabo mediante electrobombas somerxidas, de 2,5 CV (pozo 1) e 2,0 CV (pozo 2).

Os puntos de captación e a explotación gandeira de porcino para abastecer sitúanse na parcela 15021A021000290000RK.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro