DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 19990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a modificación do plan de restauración da concesión de explotación Miramontes, número 6770.1, situada no concello de Santiago de Compostela, promovido pola sociedade Áridos CNC, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, a modificación do plan de restauración da concesión da explotación Miramontes, número 6770.1, sita no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Áridos CNC, S.L., con domicilio social no lugar Miramontes, s/n, Grixoa, Santiago de Compostela, A Coruña.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do plan de restauración, cuxa autorización compete á Consellería de Economía, Industria e Innovación ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 26 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña