DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 20002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Vilamartín de Valdeorras (expediente IN407A 2023/44-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria e do requirimento aos titulares das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de ITC na LMTA RUA804 no apoio núm. 66-1, situada no concello de Vilamartín de Valdeorras, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 7 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/44-3.

Denominación: instalación de ITC na LMTA RUA804 no apoio núm. 66-1.

Concello: Vilamartín de Valdeorras.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito previo

1

Madalena

32089A015004490000QM

Francisco Núñez Azcona

Notificación infrutuosa

19.2.2024