DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 20005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Castrelo do Val (expediente IN407A 2023/39-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria e do requirimento aos titulares das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CTC e RBT (Castrelo do Val), situada no concello de Castrelo do Val, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 7 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/39-3.

Instalación: LMT, CTC e RBT (Castrelo do Val).

Concello: Castrelo do Val.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito previo

1

Pombal

32022A501003710000AJ

Herdeiros de Pilar Rivera Rodríguez

Enderezo descoñecido

16.2.2024