Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Recuamento LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite por CTC, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 7 de marzo de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/429-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite por CTC.
Concello: Vigo.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
2 |
54057A091000670000AZ |
Ángel García Pérez |
1 de abril de 2024 |
2024/54/49 |
23 |
54057A091002620000AU |
Antonio Castro Alonso |
1 de abril de 2024 |
2024/54/70 |
25 |
54057A090001260000AW |
Julio Vila Iglesias |
1 de abril de 2024 |
2024/54/72 |