DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19719

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 12 de marzo de 2024 pola que se publican as bases das bolsas de comedor complementarias ás bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso académico 2023/24.

BDNS (Identif.) 748550.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1304

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que esta matriculado en grao ou máster en centros propios, ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría O Meixoeiro) no curso 2023/24.

Segundo. Obxecto

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do estudantado cunha situación económica que poida dificultar o seu acceso e a permanencia na universidade.

Terceiro. Bases reguladoras.

Resolución do 12 de marzo de 2024 pola que se publican as bases das bolsas de comedor complementarias ás bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso académico 2023/24.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de douscentos oitenta mil euros (280.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 13 de marzo ata o 12 de abril de 2024.

Vigo, 12 de marzo de 2024

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 31.10.2023; DOG do 10 de novembro)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade