DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2024/017-1).

Expediente: IN407A 2024/017-1.

Solicitante/promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.U.

Denominación: LMT, CT A Baiuca-Soandres e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

1. Características técnicas:

Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie Baiuca-Soandres (expediente 29.716) de 50 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e de toda a súa aparellaxe de media e baixa tensión, actualmente instalado no apoio nº 49-21 de formigón tipo pórtico pertencente á arquitectura da LMT aos CCTT Riba e Baiuca (expediente IN407A 1999/162-1), que tamén será retirado da rede, no lugar da Baiuca.

Desmonte do treito de 34 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 da LMT aos CCTT Riba e Baiuca (expediente IN407A 1999/162-1) comprendido entre o apoio nº 49-20 de formigón tipo HV-400/11 e o apoio nº 49-21 no que se encontra instalado o CT Baiuca-Soandres por desmantelar.

Substitución do apoio nº 49-20 anterior polo novo apoio de formigón tipo FL-HV-1600/13-CR1-CA, no que se proxecta instalar un paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas.

Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), no treito de 65 metros de lonxitude da LMT aos CCTT Riba e Baiuca (expediente IN407A 1999/162-1) comprendido entre o apoio nº 49-19 de formigón tipo FL-HV-1600/13-CR1-CA e o apoio nº 49-20, unha vez substituído.

Instalación, en substitución do CT tipo intemperie Baiuca-Soandres por desmantelar, do novo CT prefabricado de formigón Baiuca-Soandres, de manobra exterior, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, dotado do seu correspondente conxunto de dispositivos de protección e manobra e de cadro de baixa tensión con catro saídas, que se situará na parcela con referencia catastral 15042A086001260000KP sita no lugar da Baiuca.

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV (tensión de servizo: 15 kV), de 73 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 x 150 mm² Al), con orixe no novo paso aéreo-soterrado (PA/S) por instalar no novo apoio nº 49-20 proxectado e remate en cela de liña do novo CT prefabricado Baiuca-Soandres.

Instalación de dous circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), cun total de 103 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do novo CT Baiuca-Soandres proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente proxectados nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) por instalar en apoios de formigón tipo HV-630/13 e HV-400/9 existentes.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 7 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados.

Denominación: LMT, CT A Baiuca-Soandres e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Natureza do terreo

Afección pleno dominio (LMT aérea-apoios)

LMTS (servidume de paso de enerxía eléctrica soterrada)

Afección pleno dominio

(centro de transformación)

Nº do apoio

Superf. (m2)

Lonx.

Superf. (m2)

Superf. edificio (m2)

Beirarrúa

(m2)

Acceso

(m2)

1

María del Pilar García Silveira

15042A087000020000KB

Prado

Novo apoio nº 49-20 (PA/S)

2

11

33

2

Marisol Varela Guillermo e Amadeo Iglesias Mosquera

15042A086001260000KP

Matogueira

11

18

52