DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer para ser notificadas no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, 1º bloque, 2º piso, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén se poderán obter mediante comparecencia no Sistema de notificación de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Alonso Comesaña, Mª Teresa

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Borrajo Zon, Patricia

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Dacal Blanco, Divina

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Fariñas Rodríguez, Rogelio

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Goas Amado, Mª Ángeles

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Nogueira Barbosa, Felisa

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Pérez Vidal, Carolina

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Arias Gómez, Luis Ángel

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)