DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19727

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 1 de marzo de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), polo que se dá publicidade a un acordo.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 7 de febreiro (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de apto ou non apto. Para estes efectos, na propia convocatoria estableceuse que este exercicio consistía en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas nun tempo máximo de 30 minutos. Para a cualificación de apto requírese, polo tanto, a superación da proba no tempo establecido.

En consecuencia,

ACORDOU:

Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 20 de febreiro de 2024, correspondente ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 7 de febreiro (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), no portal web da Xunta de Galicia www.funcionpublica.xunta.gal

De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

De conformidade co disposto na base V.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal