DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19592

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Frigun, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

A entidade Frigun, S. Coop. Galega acordou, en asemblea extraordinaria que tivo lugar o 26 de febreiro de 2024, e en cumprimento do establecido no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, a súa disolución, xa que os liquidadores que se nomearon en asemblea extraordinaria e aceptaron o seu cargo, Antonio Viña Gómez, Ángel López García e José Manuel Iglesias Sánchez liquidaron o activo da sociedade.

Lugo, 26 de febreiro de 2024

Antonio Viña Gómez
Ángel López García
José Manuel Iglesias Sánchez
Liquidadores