O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O cesamento, por petición propia, de Marta María Fernández-Tapias Núñez como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024
Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar