DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19499

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, por concurso-oposición, pola que se aproba e se fai pública a baremación provisional de méritos da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o 11 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas categorías de profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I) e profesor/a do Departamento de Servizos (grupo II), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Aprobar a baremación provisional de méritos da fase de concurso da persoa aspirante que superou a fase de oposición, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, ao proceso selectivo extraordinario para o ingreso no grupo e categoría seguinte:

– Profesor/a do Departamento de Servizos (grupo II).

A baremación provisional de méritos, completa e parcial de acordo co establecido na epígrafe III.1.1 das bases da convocatoria (Experiencia profesional, formación e lingua galega), recollida no anexo, poderase consultar no taboleiro de anuncios do portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional

De conformidade co disposto na epígrafe III.5 das bases da convocatoria, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar unha reclamación ante o tribunal, dirixida á persoa titular do órgano convocante, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación da citada baremación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024

Antonio Casas Calviño
Presidente do tribunal