Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC, no concello de Tomiño, que figura no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 4 de marzo de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/071-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución dos apoios 9XX3EMJA//55 e 9XVTHTKS//56 da LMTA TUI8032011 e RC.
Concello: Tomiño.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
1 |
36054A040001570000EB |
Carmen Fernández Alfaya |
27 de marzo de 2024 |
2024/54/38 |