DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19119

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, na cal se actualizan as táboas salariais para o ano 2024.

Visto o texto da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, na cal se actualizan as táboas salariais para o ano 2024, que se subscribiu con data do 1 de febreiro de 2024, entre a representación da organización empresarial Escena Galega e Agadic e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais UGT, CIG, CC.OO. e AAAG, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores
e actrices de teatro de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 10.00 horas do día 1 de febreiro de 2024, reúnese telematicamente a Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Parte empresarial:

Santiago Cortegoso Calvar (Escena Galega).

Francisco Javier Núñez Alonso (Agadic).

Parte sindical:

Ramón Dopico López (UGT).

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Adolfo Naya Fernández (CIG).

Antonio Salgado Rodríguez (AAAG).

O obxecto da presente xuntanza é a actualización das táboas salariais e da indemnización por quilometraxe por uso de vehículo particular nos desprazamentos do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Logo do debate e análise da dita cuestión polas representacións integrantes desta comisión, procede reflectir en acta o seguinte:

Primeiro. Esta Comisión Paritaria acorda, por unanimidade, actualizar as táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2024, de conformidade co contido dos dous anexos que se achegan coa presente acta.

Segundo. Respecto á suba da indemnización por quilometraxe por uso de vehículo particular nos desprazamentos, o representante das compañías privadas da parte empresarial (Escena Galega) expresa a súa incapacidade de aceptar ou negociar a suba proposta sen acordo da asemblea da súa entidade. Emprázase esta comisión a unha nova xuntanza para tratar de novo a actualización desta cantidade.

Terceiro. O representante da compañía pública da parte empresarial (Agadic) expresa dúas eivas que atopa na aplicación do convenio:

• A axuda de custo establecida para a compañía pública é única, independentemente do lugar do desprazamento. Isto supón unha situación favorable para o traballador cando o desprazamento é dentro da Comunidade Autónoma de Galicia e desfavorable cando é fóra dela.

• Na substitución de traballadores/as en situación de baixa, dadas as particularidades do traballo artístico, a persoa substituta precisa dun traballo de estudo e preparación que non está incluído no tempo de contratación, polo que, no caso de reincorporación do traballador de baixa en pouco tempo, a persoa substituta non ve compensado o tempo de preparación. Propón establecer un tempo mínimo de contratación no caso de tales substitucións.

Esta comisión emprázase para estudar o encaixe de medidas correctoras destas situacións sen modificar o convenio vixente.

Cuarto. Esta comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación desta acta perante a autoridade laboral competente.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás 10.33 horas do día sinalado no encabezamento, e para o efecto esténdese esta acta, que asinan en proba de conformidade as persoas relacionadas, en nome de todas e cada unha das representacións asistentes.

Santiago Cortegoso Calvar (Escena Galega)

Francisco Javier Núñez Alonso (Agadic)

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.)

Adolfo Naya Fernández (CIG)

Ramón Dopico López (UGT)

Antonio Salgado Rodríguez (AAAG)

ANEXO I

Táboa salarial compañías privadas

Salario mensual

Compañías grupo A (€)

Compañías grupo B (€)

Protagonista

2.393,44

1.994,62

Principal

2.111,85

1.745,50

Secundario/a

1.736,42

1.620,82

Elenco

1.547,38

1.371,46

Salario bolo

Compañías grupos A e B (€)

Protagonista

219,25

Principal

197,15

Secundario/a

175,55

Elenco

154,98

Retribución por gravación

Compañías grupo A (€)

Compañías grupo B (€)

Protagonista

503,88

478,83

Principal

453,81

428,77

Secundario/a

397,47

391,20

Elenco

353,65

340,44

Axudas de custo Galicia

56,10 €

Prezo por quilómetro desprazamentos

0,25*

*Pendente de actualización.

Táboa salarial compañía institucional*

Retribucións

Categoría

Salario mensual (€)

Protagonista

3.202,14

Principal

2.408,18

Secundario/a

1.802,94

Cesión de dereitos

Categoría

Cesión

Imaxe (5 %)

Total

Protagonista

512,46

25,62

538,09

Principal

448,27

22,41

470,68

*Tarifas establecidas pola Xunta de Galicia para o seu persoal en decembro de 2023, pendentes de revisión.