DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19285

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 8 de marzo de 2024, a comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria, que a proba tipo test da oposición terá lugar o día 23 de abril de 2024, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, de acordo coa seguinte distribución:

1. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP, aula 2.

Grupo V, categoría 14

Bombeiro/a forestal

Grupo V, categoría 10B

Vixilante fixo defensa contra incendios forestais

Grupo V, categoría 10C

Emisorista defensa contra incendios forestais

Grupo IV, categoría 33

Bombeiro/a forestal condutor motobomba

2. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP, aula 6.

Grupo IV, categoría 20

Conserxe

Grupo IV, categoría 01

Auxiliar de gravación

Grupo IV, categoría 32

Operador/a codificador SPDCIF

Grupo IV, categoría 05

Oficial/a 2ª cociña

Grupo IV, categoría 22

Oficial/a 2ª reprografía

Grupo IV, categoría 11

Axudante de laboratorio

3. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP, aula 7.

Grupo IV, categoría 03

Auxiliar de enfermaría

Grupo IV, categoría 18

Oficial/a de 2ª

Grupo IV, categoría 16

Condutor/a

4. Día 23 de abril, ás 16.00 horas na EGAP, aula 8.

Grupo V, categoría 14A

Bombeiro/a forestal, condutor/a

Grupo IV, categoría 06

Axudante/a de servizos técnicos

Grupo IV, categoría 35

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

Grupo IV, categoría 09

Oficial/a 2ª agrario

Grupo V, categoría 09

Celador/a 2ª. Vixilante recursos naturais

As listaxes coa distribución de persoas aspirantes por aula estarán dispoñibles no portal web corporativo www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul ou negra.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Para o desenvolvemento desta proba poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.

Considérase que se axusta ao anteriormente exposto levar os textos legais acoutados; non é necesario levar completos os textos legais sobre os que se formulou a batería de preguntas, sempre que eses textos non leven comentarios nin ningunha outra alteración ou modificación. Os textos legais poden estar subliñados sempre que non leven ningún tipo de anotación.

Está permitido que os textos legais leven unha marca de auga ou un logo indicativo da entidade que os elaborou, sempre e cando cumpran as restantes condicións anteriormente indicadas.

Durante a realización da proba non está permitido o uso da batería de preguntas publicada na páxina web.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal