DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 19061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2024, da Comisaría de Augas, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de modificación das características concesionais do aproveitamento hidroeléctrico no lago de Meirama, concello de Cerceda (A Coruña) (clave AC/11/177).

De conformidade co disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, Augas de Galicia somete ao trámite de información pública a documentación técnica relativa á solicitude de autorización administrativa para a modificación das características da concesión de augas superficiais no lago de Meirama, con destino á produción de enerxía eléctrica, no concello de Cerceda, provincia da Coruña, titularidade de Coventina Renovables, S.L., para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes, persoalmente ou por medio dun representante con poder suficiente, e que poderán presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de 20 días hábiles, que comezará a computarse a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Para os expresados efectos, estará dispoñible un exemplar da documentación técnica achegada polo peticionario para que poida ser examinado nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o que deberá solicitar cita previa en calquera dos teléfonos seguintes: 981 54 39 61, 981 54 53 45 ou 981 54 54 76, así como nas dependencias do concello de Cerceda e na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación pública).

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Roberto Arias Sánchez
Comisario de Augas

ANEXO

Concello afectado:

Cerceda

Provincia:

A Coruña

Denominación:

central hidroeléctrica de bombeo Meirama

Masa de auga afectada:

lago de Meirama (ES.014.MR.122.019.01.00)

Obxecto:

produción de enerxía eléctrica

Tipo:

central hidroeléctrica reversible

Caudal de captación máximo solicitado:

135,00 metros cúbicos/segundo

Salto bruto máximo:

319,60 metros

Tipo de central:

subterránea

Enerxía almacenada:

3,39 xigavatios hora

Número de unidades bomba-turbina:

2

Tipoloxía bomba-turbina:

Francis reversible de eixo vertical

Potencia máxima ciclo de turbinado:

434,77 megavatios

Potencia máxima ciclo de bombeo:

440,64 megavatios

Caudal total turbinado:

159,50 (2 x 79,75) metros cúbicos/segundo

Caudal total bombeado:

135,00 (2 x 67,50) metros cúbicos/segundo

Volume total de escavación:

3.104.038,07 metros cúbicos

Volume sobrante:

661.377,05 metros cúbicos

Prazo de execución previsto:

5,75 anos

Orzamento de execución material:

305.841.259,87 euros

* Afeccións:

Non se efectuou solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctrico para os efectos de expropiación forzosa nin a imposición de servidumes.