DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 1 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 94818 e un máis).

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos/as da súa petición.

Ourense, 1 de marzo de 2024

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

94818

155022924

1.12.2023

96008

AP947261

29.12.2023