DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Val do Dubra (expediente DH.A15.78895).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: María Jesús Fraga Rodríguez.

DNI: ***8048**.

Expediente: DH.A15.78895.

Volume total anual: 1.886,75 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,18 l/s.

Destino: uso doméstico e rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Bidueiro.

Parroquia: Buxán.

Concello: Val do Dubra.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial na parcela 10 do polígono 907 mediante unha mina soterrada e a súa condución mediante tubaxe duns 120 mm ao longo duns 250 m ata a parcela 208, previo paso por unha arqueta na parcela 378 do polígono 506.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro