DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baños de Molgas

ANUNCIO da oferta de emprego público 2024.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 19 de febreiro de 2024, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se indican, para o ano 2024:

Persoal funcionario:

Grupo: AP-E.

Denominación: oficios varios.

Nº de prazas: 1.

Persoal laboral fixo:

Denominación: auxiliar axuda no fogar.

Nº de prazas: 4.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente o recurso de reposición potestativo ante o órgano que o aprobou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Baños de Molgas, 20 de febreiro de 2024

Manuel Ángel Fernández Movilla
Alcalde