DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2024 polo que se notifica o prazo de alegacións en acceso a expediente por parte dun cidadán.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, se a información solicitada puidese afectar dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselles un prazo de 15 días para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas. O solicitante deberá de ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou transcorrese o prazo para a súa presentación (artigo 19.3 da Lei 19/2013).

O 24 de novembro de 2023 solicitouse información á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a existencia dalgún expediente de reposición de legalidade urbanística sobre unha parcela cuxa titularidade catastral corresponde á entidade con CIF B15624463.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do trámite de audiencia á dita entidade, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificáselle á dita entidade o dito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lle sirva de notificación á dita sociedade en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións Públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística