DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18511

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas Barrios de Calvar e Verdeal Parroquia de Domaio

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

O que subscribe, Enrique José Rúa Santomé, con DNI ***9286**, e actuando como presidente da Comunidade de Augas Barrios de Calvar e Verdeal Parroquia de Domaio, por este anuncio convoco para o vindeiro día 7 de abril de 2024, no patio cuberto do CEIP Domaio, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria da Comunidade conforme a seguinte orde do día e para a aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Informe da Tesouraría.

3. Contratación dunha administrativa.

4. Elección de novos membros da Xunta Directiva e do Xurado.

5. Informe do presidente.

6. Rogos e preguntas.

Domaio, 5 de marzo de 2024

Enrique José Rúa Santomé
Presidente da Comunidade de Augas Barrios de Calvar
e Verdeal Parroquia de Domaio