DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2023/5734-2 e catro máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70-1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda de la Muralla, 70- 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 28 de febreiro de 2024

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR 204A 2023/5734-2

Limpiezas J. Córdoba, S.L.

Estimatoria

PR 204A 2024/278-2

María Elena Vázquez Rouco

Estimatoria

PR 204A 2024/341-2

Rosa López López

Estimatoria

PR 204A 2024/486-2

José Augusto Carvalho da Silva

Estimatoria

PR 204A 2024/487-2

Luis Ramos Domínguez

Desestimatoria