DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18288

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de xaneiro de 2024 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 15, do 22 de xaneiro de 2024, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 5271, na instrución sétima, no cadro do número 2, onde di:

«III. Especialista e encargados/as (categorías 1 a 59)

112,46»

Debe dicir:

«III. Especialista e encargados/as (categorías 1 a 59)

101,77»

Nas páxinas 5291, 5295 e 5298, correspondentes ao anexo VIII, no concepto de «Produtividade», onde di:

«N-A2-213

Coordinador/a de Área A.P.

144,32

S-A2-358

Coordinador/a de Área

252,54

SF-A1-262

Facultativo/a Especialista A.P.

320,02»

Debe dicir:

«N-A2-213

Coordinador/a de Área A.P.

(*)

S-A2-358

Coordinador/a de Área

(*)

SF-A1-262

Facultativo/a Especialista A.P.

504,45»

Na páxina 5303, correspondente ao anexo XV, na táboa de «Atención continuada urxencias extrahospitalarias», onde di:

«Presenza física enfermeiro/a días laborables

22,27»

Debe dicir:

«Presenza física enfermeiro/a días laborables

22,28»

Na páxina 5304, correspondente ao anexo XV, na epígrafe relativa á «Atención continuada residentes en formación. Persoal residente licenciado», na segunda táboa, onde se indica «Modalidade prestación de servizos Presenza física días laborables», debe figurar «Modalidade prestación de servizos. Presenza física domingos e festivos».

Nas páxinas 5308 e 5313, correspondentes ao anexo XVI, no concepto de «Produtividade», onde di:

«N-A2-213

Coordinador/a de Área A.P.

144,32

S-A2-358

Coordinador/a de Área

252,54»

Debe dicir:

«N-A2-213

Coordinador/a de Área A.P.

(*)

S-A2-358

Coordinador/a de Área

(*)»

Na páxina 5317, no anexo XVIII, relativo ás «Retribucións adicionais dos médicos asistenciais e coordinadores da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061», onde di:

«Xornada complementaria

31,98»

Debe dicir:

«Xornada complementaria

31,35»