III. Outras disposicións
Axencia Galega de Innovación
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de febreiro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 28 de novembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.
Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 45, do 4 de marzo de 2024, procede facer a seguinte corrección:
Na páxina 16772, onde di:
«Quinto. A data de comezo dos novos contratos será o día 16 de marzo de 2023 e a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda».
Debe dicir:
«Quinto. A data de comezo do novo contrato será o día 16 de marzo de 2024 e a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda».