Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución de baixa/denegación de documentación no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia que se sinala no anexo.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe da Sección do Rexistro de Demandantes de Vivenda da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 28 de febreiro de 2024
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación.
Expediente/credencial |
DNI/NIE |
VI428C-972237 |
54126471L |
VI428C-972460 |
32801952L |
VI428C-973008 |
Z0970284B |
VI428C-973361 |
33551283X |
VI428C-973543 |
32433696Q |
VI428C-973824 |
Y9608625K |