En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia o 12 de febreiro de 2024,
DISPOÑO:
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, a José Cazón Lamas.
Santiago de Compostela, vinte e nove de febreiro de dous mil vinte e catro
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente