DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2023/161-3).

Mediante a Resolución do 2 de xaneiro de 2024, desta xefatura territorial (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro), outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución CT 32AK26 Feces de Abaixo, 2.

Situación: lugar Feces de Abaixo, concello de Verín.

Características principais recollidas no proxecto da instalación eléctrica:

– Desmontaxe do CT aéreo existente 32AK26, de 50 kVA.

– LMTS proxectada, a 20 kV, de 29 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, coa orixe no paso A/S proxectado no apoio existente núm. 25-A-25 da LMTA VII808 e final no CT proxectado.

– CT proxectado, de tipo rural, de 160 kVA de potencia aparente e RT 20.000/400 V.

O 6.2.2024 tivo entrada nesta xefatura territorial a solicitude presentada por UFD Distribución Electricidad, S.A. relativa á declaración de utilidade pública para a instalación indicada, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, que se inclúe no anexo deste acordo, para dar cumprimento ao establecido no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 decembro, do sector eléctrico.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica.

A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

2. Os planos parcelarios.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 14 de febreiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/161-3.

Situación: lugar Feces de Abaixo, concello de Verín.

Denominación: substitución CT 32AK26 Feces de Abaixo, 2.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32086A176002230000ZB.

Lugar: Millazas.

Cultivo: labor.

Titular: Casimiro Cid Boo.

Afeccións: ocupación de 15 m² para o CTC e 14 m² de servidume de liña soterrada.