DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17841

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos acordos do tribunal.

Na sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de abril de 2023, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da convocatoria, que establece que o terceiro exercicio se valorará como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto, corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Segundo. Segundo a base II.2.8, publícanse, no portal web corporativo
funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio deste proceso selectivo.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

María Dolores Pérez Ayuso
Presidenta do tribunal