DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17801

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

BDNS (Identif.): 747398.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob. es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

– Os pagamentos directos indicados no número 1 do artigo 2 desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.

– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (medida 13) recollidas no capítulo II do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo.

– O pagamento das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 recollidas no capítulo III do título III desta orde só se concederán ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

– Os pagamentos das axudas forestais do Programa de desenvolvemento rural indicadas no capítulo IV do título III desta orde só se concederán:

• Ás persoas que teñan concedida a prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 16 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

• Ás persoas que teñan concedida a prima de mantemento ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais ou da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto regular no ano 2024, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control indicadas no artigo 2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e convocar:

– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027(PEPAC), anualidade de 2024.

– As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade de 2024 das submedidas 08.10 e 08.20 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).

– As axudas a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade de 2024 da medida 13 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).

– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC) (solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento da anualidade 2024).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Cuarto. Contía

No que respecta aos réximes de axudas directas á agricultura e á gandaría recollidos no punto 1 do artigo 2 desta orde están financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fogga exercerá como intermediario na súa xestión, polo que, en aplicación da disposición adicional décimo oitava da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, en relación coa disposición derradeira segunda desa lei, na cal se establece o carácter permanente da disposición décimo oitava da devandita lei, os expedientes correspondentes aos réximes indicados serán xestionados como operacións extraorzamentarias, conforme o sinalado no artigo 46.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Non obstante o anterior, todos os actos e documentos de xestión deses expedientes serán obxecto de fiscalización previa nos termos establecidos no artigo 95.1.a) do citado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

No que respecta aos réximes de axuda recollidos nos capítulos II e III do título III, cofinanciados segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión das axudas realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga, na aplicación orzamentaria:

a) Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020:

– 11.600.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña.

– 5.800.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña.

Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Feader.

b) Axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027:

Denominación

Importe da anualidade 2024 (en €)

Subintervención 65014.01: apicultura para a biodiversidade

1.764.840,00

Subintervención 65051.01: razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética

2.266.816,00

Subintervención 65051.02: conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética

160.499,21

Subintervención 65012.03: leñosos

176.830,00

Subintervención 65013.01: extensificación de prados

11.578.253,57

Subintervención 65013.02: extensificación de pastos arbustivos e arborizados

531.616,80

Subintervención 65013.03: complemento a gandarías extensivas en zonas con presenza de grandes carnívoros

3.177.096,00

Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos

311.373,00

Liña: viñedos para vinificación ecolóxica

21.124,44

Liña: gandaría ecolóxica

6.424.765,98

Liña: apicultura ecolóxica

308.785,00

Subintervención 65012.04: economía circular

48.000,00

Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % polo Feader.

Quinto. Prazo de presentación da solicitude única

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2024, iniciarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de abril, ambos incluídos.

Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 31 de maio, incluído.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural