DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego público 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) núm. 299, do 31 de decembro de 2022, publícase a aprobación das bases xerais e específicas para a provisión dos postos mediante o proceso extraordinario de estabilización e consolidación de emprego de carácter temporal 2022, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, relativas ás seguintes convocatorias:

– Dúas prazas de condutor/chofer do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

– Dúas prazas de operario servizos varios do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

– Unha praza de peón obras do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

– Cinco prazas de xardineiro/a-peón ambiente do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Pereiro de Aguiar, 7 de febreiro de 2024

Luis Menor Pérez
Alcalde