Mediante a Resolución reitoral do 9 de xaneiro de 2024 (DOG do 18 de xaneiro e BOE do 29 de xaneiro), convocáronse probas selectivas para cubrir prazas de persoal de administración e servizos funcionario e laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal da Universidade de Santiago de Compostela, incluídas na oferta de emprego público desta institución para o ano 2023, aprobada mediante a Resolución do 11 de decembro de 2023 (DOG do 18 de decembro). Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que as citadas listas provisionais están expostas no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren nas relacións de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos nas seguintes ligazóns:
Persoal funcionario:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm
Persoal laboral:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas nas relacións de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela