DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17655

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade Usuarios Augas de Fonte Lagunda

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Eu, Diego Barreal Modroño, veciño do lugar de Gatomorto, parroquia de Santa María de Xeve, no concello de Pontevedra, actuando como representante da Comunidade de Usuarios Augas de Fonte Lagunda, por este anuncio convoco, seguindo a lexislación de augas vixente e para solicitar a correspondente concesión administrativa, á asemblea que terá lugar o día 9 de marzo de 2024, ás 18.30 en primeira convocatoria e ás 19.00 en segunda convocatoria, no local social, coa seguinte

Orde do día

1. Formar a relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo, referencias catastrais das vivendas/parcelas, sinatura orixinal de cada un), constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e o domicilio da Comunidade.

2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que se axustar os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.

3. Designar os membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da Comunidade e da redacción das ordenanzas e dos regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Santa María de Xeve, 12 de febreiro de 2024

Diego Barreal Modroño
Presidente da Comunidade de Usuarios Augas de Fonte Lagunda