DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17574

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), pola que se aproba e se fai pública a baremación definitiva da proba oral (defensa da unidade didáctica).

En sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) para os efectos de darlle cumprimento ao disposto no punto III.2 das bases que rexen o proceso selectivo extraordinario de estabilización, aprobadas mediante a Resolución do 28 de decembro de 2022,

ACORDOU:

Primeiro. Aprobar e facer pública a baremación definitiva da proba oral (defensa da unidade didáctica), segunda proba da fase de oposición do proceso selectivo, recollida no anexo I, que poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, no enderezo electrónico https://www.turismo.gal/espazo-institucional

Segundo. Dar por concluída a primeira fase do proceso, correspondente á oposición, e iniciar a segunda fase, correspondente ao concurso de méritos.

De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2024

Antonio Casas Calviño
Presidente do tribunal