DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Santa Comba (expediente DH.A15.78985).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Bens de Veciños dos Penedos.

DNI: ***7661*.

Expediente: DH.A15.78985.

Volume total anual: 1.850,55 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,06 l/s.

Destino: uso doméstico.

Orixe: manancial.

Lugar: Mesón.

Parroquia: Xallas de Castriz.

Concello: Santa Comba.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga dun manancial na parcela catastral 15078A508022560000PQ, mediante unha arqueta de formigón de 3×3×3,5 m, e na súa condución mediante tubaxe de 50 mm ata a parcela 5076 do polígono 508, onde se localiza o depósito, de 66 m2, que contén 12 depósitos individuais de 3.000 l cada un, dos cales parten tubaxes de 32 mm ao longo duns 2,5 km ata as vivendas.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro