DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17089

IV. Oposicións e concursos

Consello da Cultura Galega

ANUNCIO polo que se convocan as prazas relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal.

No Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro de 2022, publicouse o anuncio de Extracto da Resolución do 1 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases xerais e específicas que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, que se convocan polo sistema de concurso.

As bases xerais e específicas completas que regulan as convocatorias poden consultarse na páxina web do Consello da Cultura Galega (https://consellodacultura.gal/convocatorias.php).

Código

Denominación

Grupo

Sistema selectivo

01.01.01

Administrativo/a-Secretaría de Dirección

III

Concurso

01.01.02

Administrativo/a-Secretaría Económico-Administrativa

III

Concurso

01.01.05

Administrativo/a xeral

III

Concurso

02.02.01

Técnico/a superior-Coordinador/a

I

Concurso

02.02.02

Técnico/a superior xestión cultural

I

Concurso

04.03.01

Técnico/a superior deseño

I

Concurso

04.03.02

Técnico/a xestión informática

II

Concurso

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte días (20) hábiles, que empezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica), mediante o servizo PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, e o destinatario será o Consello da Cultura Galega. No cadro «Asunto relacionado» deberá indicarse «Solicitude para a participación na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021».

A solicitude irá acompañada do formulario que se achega ao presente anuncio e que se atopa dispoñible na páxina web, do Consello da Cultura Galega (consellodacultura.gal). Coa solicitude indicarase expresamente a praza obxecto de interese da persoa solicitante.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en prazas de persoal laboral fixo do Consello da Cultura Galega

Datos persoais:

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

NIF

Tipo

Nome da vía

Núm.

Bloque

Andar

Porta

Parroquia

Lugar

Código postal

Provincia

Concello

Localidade

Teléfono

Teléfono móbil

Enderezo electrónico

Prazas ás que opta (marcar só unha):

Código

Denominación

Grupo

01.01.01

Administrativo/a-Secretaría de Dirección

III

01.01.02

Administrativo/a-Secretaría Económico-Administrativa

III

01.01.05

Administrativo/a xeral

III

02.02.01

Técnico/a superior coordinador/a

I

02.02.02

Técnico/a superior xestión cultural

I

04.03.01

Técnico/a superior deseño

I

04.03.02

Técnico/a xestión informática

II

Declaración responsable:

□ Que posúe as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas e que non foi separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública ou entidade pertencente ao sector público, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos, por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

Que en relación coa comprobación de datos que figura na base 5.2:

□ Consente expresamente a súa consulta.

□ Oponse expresamente á súa consulta (neste caso, deberá presentar a documenta- ción que figura na base 5.2).

Documentación que achega:

□ No suposto de non ter a nacionalidade española, documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52,1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reguladora do acceso ao emprego público de persoas nacidas noutros Estados.

□ Copia do xustificante de ter aboada a taxa correspondente ou documento xustificativo de estar exento total ou parcialmente desta, así como certificacións acreditativas para o gozo das exencións ou bonificacións no pagamento da taxa, tal e como figura na base 6 das bases xerais.

□ Copia do título do Celga 4 ou do título equivalente.

□ Relación dos méritos alegados para a súa valoración na fase de concurso, xunto con copia da documentación xustificativa destes, ordenada segundo a seguinte clasificación:

Méritos relacionados coa experiencia profesional (base 9.1.A).

Méritos relacionados coa formación profesional (base 9.1.B).

Lugar e data

Sinatura dixital

Consello da Cultura Galega