DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17184

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Asociación Usuarios Augas Vecinos Bouciña Meixueiro Sabajanes

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Milagros Alonso Rodríguez, veciña da rúa Casiano Martínez, concello de Vigo (Pontevedra), pola presente convoco á asemblea xeral ordinaria todos os usuarios de augas, da Asociación Usuarios Augas Vecinos Bouciña Meixueiro Sabajanes, que terá lugar o 24 de marzo de 2024, ás 10.30 e ás 11.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no local situado no depósito regulador de augas, sito na estrada de Madrid, antiga, núm. 145, coa seguinte:

Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Memoria e xestión da Xunta Directiva.

3. Presentación nova Xunta de Goberno.

4. Balance e estado de contas, aprobación se procede.

5. Medidas para reclamación de impagos, aprobación, se procede.

6. Rogos e preguntas.

Vigo, 25 de xaneiro de 2024

Milagros Alonso Rodríguez
Presidenta da Asociación Usuarios Augas Vecinos
Bouciña Meixueiro Sabajanes