Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43-9ª, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, a Comisión ditará resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
Pontevedra, 21 de febreiro de 2024
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/Pasaporte |
PR204A 2024/155-4 |
09799824F |
PR204A 2024/412-4 |
35415508Q |
PR204A 2024/503-4 |
0BA456015 |