DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17077

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galicia do 7 de xullo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 22 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG do 2 de xaneiro de 2024), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG do 7 de xullo),

ACORDA:

De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 16 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela (Campus Vida, avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña).

As persoas aspirantes deberán presentarse provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución, ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal