DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Montes de Parderrubias, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas.

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, do 2 de outubro de 2023, ao respecto da revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Montes de Parderrubias, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas (expediente RE22036).

O 18.9.2023, o Servizo de Montes desta xefatura territorial emite o seguinte informe:

Feitos:

Primeiro. O 21.9.2022, con número de solicitude 2022/2324317, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Parderrubias solicitou a revisión do esbozo do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) de Parderrubias. A dita solicitude deu lugar a apertura do expediente RE22036. Consta no expediente:

– Proposta modificada para a revisión do esbozo da carpeta ficha do MVMC de Parderrubias, Salceda de Caselas, Pontevedra. Setembro de 2022. Asinada pola enxeñeira forestal núm. 1227 do COETFG.

– Certificado da secretaria coa conformidade do presidente da CMVMC de Parderrubias do 5.6.2023 da aprobación na asemblea do 4.6.2023.

– Cartografía en formato dixital.

– Representación a favor de AFG.

Segundo a memoria técnica, levouse a cabo un levantamento topográfico das parcelas con GPS de precisión centimétrica en que se percorreu todo o perímetro con particulares e parte con MVMC. O MVMC de Parderrubias corresponde parcialmente cos montes de utilidade pública 503, 507 e 508. A CMVMC de Parderrubias ten acordos de límites coas CMVMC coas que estrema: Budiño do Porriño (deslindamento expediente DC22008), Budiño de Salceda (deslindamento DC22007), Soutelo (revisión de esbozo RE22010) e Entenza (Acordo do 15 de novembro de 1992).

Resulta máis preciso describir os límites dos montes de Parderrubias en tres parcelas. Estes montes están inscritos no Rexistro da Propiedade de Tui, no tomo 689, libro 80, folio 101, predio núm. 8.968, inscrición 1ª, artigo 206, con data do 14 de xullo de 1981.

Segundo. O obxecto da revisión do esbozo é o MVMC do Monte Parderrubias co ID 3106. A superficie inicial clasificada, segundo a Resolución do 5 de decembro de 1980, é de 116 ha.

Segundo os datos do Sistema Rexistral Forestal, non consta superficie de xestión pública e dispón dun instrumento de ordenación inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co núm. 360015-1.2 e vixente ata o ano 2030. Asemade, constan os seguintes actos de disposición que modifican o perímetro e a superficie do MVMC:

– Expropiacións: para a construción da estrada autonómica PO-510, na década dos 90. A creación dunha senda peonil e ciclista na PO-411, en 2021 (expediente PO-04-EXP/21).

– PO-04-PER/19. A comunidade achega 1.181 m2 de superficie no lugar de Chan da Igrexa, e o particular Manuel Vaqueiro Fernández, 1.200 m2 no lugar de Peneirade.

Terceiro. A superficie total da revisión do esbozo achegada é de 113,37 ha e un perímetro revisado de 19,23 quilómetros, segundo a proposta de revisión do esbozo achegada. O indicado na memoria técnica queda definido do seguinte xeito:

Nome: Montes de Parderrubias.

Superficie: 113,37 ha.

Composto polas seguintes parcelas:

– Parcela A: Montecelo-Viveiro.

Cabida: 15,53 hectáreas.

Perímetro: 2.763,16 metros (2,76 quilómetros). Dos cales:

Límites:

– Norte. Propiedades de particulares de Viveiro (entre os puntos 90 e 1), de Bouzavedra (entre os puntos 5 e 11), e de Monte Florencio (entre os puntos 16 a 31) e monte veciñal en man común de San Xurxo (Salceda de Caselas), entre os puntos 1 a 5 e entre os puntos 11 a 16.

– Leste. Propiedades de particulares de Montecelo (entre os puntos 31 a 44).

– Sur. Propiedades de particulares de Montecelo (entre os puntos 44 a 64).

– Oeste. Estrada PO-510 e accesos (entre os puntos 64 a 86) e propiedades de particulares (entre os puntos 86 a 90).

– Parcela B: Lamelas.

Cabida: 0,07 hectáreas.

Perímetro: 178,79 metros (0,18 quilómetros).

Límites:

– Norte e leste. Propiedades de particulares en Regueira de Lamelas (entre os puntos 8 a 3) e camiño de servizo (puntos 3 a 4).

– Sur e oeste. Estrada PO-510 (entre os puntos 4 a 8).

– Parcela C: Brava, Penedo Redondo e Pociño.

Cabida: 38,60 hectáreas.

Perímetro: 6.931,76 metros (6,93 quilómetros).

Límites:

– Norte. Propiedades de particulares en Coto da Brava (entre os puntos 1 a 9).

– Leste. Estrada PO-510 e accesos (entre os puntos 9 a 29) e propiedades de particulares (entre os puntos 29 a 121) nos lugares de Chan da Igrexa, Sete Camiños, Peneirade, Penedo dos Gatos, Oroso, Penedo Redondo, Porteliña, Pociño, Tomada de Gómez, Campo Vello e Pantel.

– Sur. Propiedades de particulares en Pantel (punto 121).

– Oeste. Monte veciñal en man común de Soutelo (Salceda de Caselas), entre os puntos 121 a 130; monte veciñal en man común de Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas), entre os puntos 136 a 142 e entre os puntos 146 a 149; monte veciñal de San Salvador de Budiño (O Porriño), entre os puntos 149 a 159 e entre os puntos 162 e 163; e propiedades de particulares en Castiñeiras ou Penedo Redondo (entre os puntos 130 a 136), en Foso Vello (entre os puntos 142 a 146) e na Brava (entre os puntos 159 a 161 e entre os puntos 163 e 1). Entre os puntos 149 e 1 o monte veciñal de Parderrubias estrema co termo municipal do Porriño.

– Parcela D: Pantel.

Cabida: 0,73 hectáreas.

Perímetro: 385,12 metros (0,39 quilómetros).

Límites:

– Norte. Propiedades de particulares de Pantel (puntos 8 a 4).

– Leste. Propiedades de particulares en Muíño Novo-Pantel (entre os puntos 4 a 5).

– Sur. Estrada PO-411 (entre os puntos 5 e 6) e monte veciñal en man común de Soutelo (Salceda de Caselas), entre os puntos 6 a 8.

– Oeste. Monte veciñal en man común de Soutelo (Salceda de Caselas) (punto 8).

– Parcela E: Redecouto, O Guieiro, Certán-Pedrabuxiña, A Torre, Campelo, Rial, Pedra do Millo.

Cabida: 58,44 hectáreas.

Perímetro: 8.974,98 metros (8,97 quilómetros). Dos cales:

Límites:

– Norte. Propiedades de particulares (entre os puntos 74 a 2) nos lugares de Redecouto, Meixóns, As Nais, O Monte, Certán, Pedrabuxiña, Carrachal, A Torre, Campelo, Pedra do Millo e Caguenllo.

– Leste. Propiedades de particulares en Pedra do Millo, Rial e Penedo da Cruz (entre os puntos 2 a 21).

– Sur. Monte veciñal en man común de Entenza (Salceda de Caselas), entre os puntos 21 a 39.

– Oeste. Propiedades de particulares no lugar de Tomada de Pantel (entre os puntos 39 a 74).

Cuarto. O 30.11.2022, o Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra acorda solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Parderrubias (Salceda de Caselas) (expediente RE22036), coa finalidade de cumprir o establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segunda. A revisión do esbozo do MVMC de Parderrubias proposto polo Servizo de Montes é a achegada pola CMVMC de Parderrubias (concello de Salceda de Caselas) e queda definida consonte os datos reflectidos no antecedente de feito terceiro e a cartografía que consta no dito expediente.

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal denominado Montes de Parderrubias e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Montes de Parderrubias clasificado a prol da CMVMC de Parderrubias (Salceda de Caselas), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por este.

Pontevedra, 29 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra