DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16769

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 23 de febreiro de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no terceiro cuadrimestre do ano 2023

Convenio

Achega total da Agasp

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local, e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais, entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Mondoñedo.

14.9.2023

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local, e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais, entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Boiro.

13.11.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local, entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Caldas de Reis.

21.12.2023

Sen achega económica