DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun aparcadoiro disuasorio integrado en solo rústico, no concello da Cañiza (expediente 2023AAE2786).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 19 de febreiro de 2024 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun aparcadoiro disuasorio integrado en solo rústico, concello da Cañiza.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2023AAE2786).

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático